Concursos

O boletín nº 16 da Consellería de Educación trae información sobre varios concursos. Algún deles pode ser interesante para o profesorado de sociais:

  • O euro, que significa para nós?: concurso de fotografía organizado pola Comisión Europea. Os participantes deben ter entre 14 e 18 anos residentes en calquera país da Unión Europea. Antes do 31 de marzo deben enviar unha fotografía que ilustre o que significa o euro para eles, xunto cun breve texto explicativo. Os equipos participantes deben ter dous ou tres rapaces ou rapazas e un adulto. Na web do concurso podemos cubrir o formulario de inscrición.
  • Rapaces/rapazas contra a exclusión social: concurso de fotografía destinado a estudiantes de secundaria e bacharelato que participan nos proxectos Comenius e Leonardo da Vinci. Deben presentar unha fotografía que mostre a visión do alumnado sobre as dificultades que prantexa a desigualdade social, así como a necesidade de potenciar a solidaridade colectiva e individual na loita contra a pobreza e a exclusión social. Os traballos deben enviarse antes do 19 de febreiro.
  • IX edición do Concurso de Proxectos de Educación Vial no Ámbito Escolar: organizado pola Dirección Xeral de Tráfico. Poden participar os centros nos que se imparta educación infantil, primaria, secundaria ou educación especial. O profesorado dos centros participantes debe prepara un proxecto curricular que inclúa o tratamento da educación vial xunto con recursos tecnolóxicos (videoxogos, xogos didácticos…) e unha memoria describindo os materiais empregados, avaliación, etc. Os traballos deben entregarse antes do 15 de xuño.
  • Concurso «Ignacio López Bueno» de presentacións informáticas: organizado polo IES Terra de Trasancos de Narón e destinado ao alumnado de ESO, bacharelato e ciclos. Hai que realizar unha presentación sobre a riqueza natural de especies que queremos que perduren no futuro. O prazo de entrega remata o 26 de marzo.
  • Paz e Cooperación 2010: con varios apartados: debuxo (ata 6 anos), cartel e lema (de 7 a 12), mural (de 13 a 16), campaña publicitaria (de 16 a 18). Os traballos deben enviarse antes do 5 de xullo.
  • Concurso espacial «Navegación por satélite»: convocado polo Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA) para estudiantes de segundo ciclo de ESO, ciclos formativos de grao medio e bacharelato. Os equipos deben estar formados por tres ou catro estudiantes e un profesor. O traballo tratará sobre os logros científicos desenrolados no campo espacial que hoxe son de utilidade na vida cotiá. Hai varias modalidades: investigación, robótica espacial, narrativa/comic, animación e experimental.

También te podría gustar...

Descripción general de privacidad

Este sitio web utiliza cookies para que podamos brindarle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones como reconocerlo cuando regresa a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web le resultan más interesantes y útiles.