Astro Soichi
O astronauta xaponés Soichi Noguchi está na Estación Espacial Internacional dende decembro do 2009. Podemos ver as súas fotos de distintos lugares da Terra sobre os que pasa a estación. Estas fotografías fan que sexa o astronauta máis coñecido en internet e a súa páxina en Twitter ten máis de 160000 seguidores aínda que non foi o primeiro en usar este recurso (adiantóuselle Kim Kopra). Hai dúas semanas publicou unha foto de Vigo que non identificou, poñendo como título «Name this city in Europe!», o que abriu un debate na páxina no que apareceron nomes como Estambul ou Patrás. Nalgún comentario identifícanse sitios como a Ponte de Rande ou a fábrica de Citroen. En Facebook hai un grupo no que se pide ao alcalde de Vigo que o nome fillo adoptivo.
Ademáis das imaxes de lugares podemos ver fotos espectaculares da lúa e fenómenos astronómicos como as auroras boreais.