A poboación no medio rural
Esta noticia vina no telediario da 1 de Televisión Española o pasado luns. Falaba da distribución da poboación por sexos: mentres o número de mulleres é maior co de homes, no medio rural a proporción é a inversa, chegando a 10 homes por cada 6 mulleres.
A reportaxe está rodada en Friol. Nela analízanse as causas que levaron ás mulleres a despraxarse ás cidades.
Máis información:
- Demografía e poboación: análise da Xunta de Galicia comparando a poboación de Galicia coa española e a distribución da maioría da poboación galega no eixo Vigo – Ferrol
- O éxodo ás cidades deixa sen mulleres aos pobos do rural: artigo no xornal «El Correo Galego» en outubro do 2009.
- Poboación e sociedade rural: publicación da serie Agrinfo do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño de febreiro do 2009.