Glengarry Glen Ross

Onte fun ver a obra de teatro Glengarry Glen Ross. É moi apropiada para reflexionar sobre as relacións laborais nos tempos de crise que padecemos: unha empresa inmobiliaria decide «estimular» aos seus traballadores premiando aos mellores e despedindo ao que venda menos. A competencia fai que os vendedores empreguen métodos non moi éticos para acadar os seus obxectivos.
A obra está dirixida polo arxentino Daniel Veronese e interpretada por Carlos Hipólito, Ginés García Millán, Alberto Jiménez, Andrés Herrera, Gonzalo de Castro, Jorge Bosch e Alberto Iglesias.
Está escrita por David Mamet, que obtivo o premio Pullitzer con ela e tamén escribiu o guión dunha película baseada nesta obra e protagonizada por Al Pacino, Jack Lemmon e Alec Baldwin.
Nos vídeos podemos comparar as versións teatral e cinematográfica. Eu quédome coa proximidade do teatro.

También te podría gustar...

Descripción general de privacidad

Este sitio web utiliza cookies para que podamos brindarle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones como reconocerlo cuando regresa a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web le resultan más interesantes y útiles.