ARDE LUCUS MMX

Os días 25, 26 e 27 de xuño celébrase en Lugo o noveno Arde Lucus. O programa é variado e comeza o 25 ás 17:00 h coa apertura do Macellum. Haberá numerosos actos que xirarán en torno á fundación da Cidade e nomeamento de personaxes, ao campamento militar, ao circo romano, ao olimpo dos deuses e deusas, ao macellum ou mercado, desfiles pola cidade, bacanais, vodas celtas, nasciturus, carreiras de quadrigas e bigas, olimpiadas, teatro, forxas, batallas campais, queima da Muralla…
Hai que destacar que entre os días 21 e 27 de xuño podemos achegarnos tamén á cultura romana e á historia da cidade entrando de balde nos distintos Museos Municipais: Casa dos Mosaicos, Sala de Exposicións Porta Miñá, Centro de Interpretación da Muralla e no Centro Arqueolóxico de San Roque. Unha boa idea neste tempo de crise.
Máis información:
Programa en pdf
www.ardelucus.com
www.ocioenlugo.com
Fundación VRBIS AVGUSTI

También te podría gustar...

Descripción general de privacidad

Este sitio web utiliza cookies para que podamos brindarle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones como reconocerlo cuando regresa a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web le resultan más interesantes y útiles.