A España pantasma
O pasado domingo Kurioso solicitou axuda en Twitter para que lle enviasen fotografías feitas durante a celebración da final do mundial de fútbol de lugares de España que habitualmente están cheos de xente. A colección de imaxes é espectacular.
Engadido (14 de xullo)
- Artigo do día 13 en Kurioso coa seleción das fotos
- Imaxes en Flickr clasificadas por cidades. En Galicia podemos ver fotos de Viveiro, Ourense, A Coruña, Santiago, Pontevedra e Vigo.
- No xornal «La Información» pódese votar á mellor foto entre as 50 elixidas por Kurioso. Neste momento a máis votada é a do servizo de urxencias do Canalejo.