Castro de Formigueiros (Samos)

No xornal local O Progreso do día 23 de xullo entérome que que o campo de traballo que organizaban a Consellería de Traballo e Benestar e a de Medio Rural e se viña celebrando os últimos catro veráns non se fará este ano «por falta de fondos dada la situación actual» segundo Gonzalo Meixide Camaselle, coordinador dos traballos. Seguirase co seu estudio a través do proxecto de recreación virtual do luga. Faranse tarefas de consolidación dos muros e completarase cunha exposición dos achádegos atopados no museo de Viladonga.
O día 8 do outubro de 2009 escoitabamos esta nova:

Castro Formigueiros (Reportaje Emisoras-Lugo)

No terceiro verán atopouse un labirinto grabado:

O día 12 de xuño de 2010 visitei de novo este castro despois de facer a ruta pola serra do Édramo dende a estrada que sube de Samos a Airapadrón. A verdade é que merece a pena pola súa importancia arqueolóxica e paisaxística. Froito desa andaina déixovos algunhas fotografías dese día a pesar da néboa que empañou o obxectivo e agardo que os traballos de excavación se retomen pronto.


A música que acompaña ás fotografías é Marcha do entrelazado de Allariz do grupo Breogán.

También te podría gustar...

Descripción general de privacidad

Este sitio web utiliza cookies para que podamos brindarle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones como reconocerlo cuando regresa a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web le resultan más interesantes y útiles.