O Camiño dos Satélites

Onte estiven vendo unha exposición itinerante sobre tecnoloxía accesible. Está organizada pola Fundación Tecnología Social e vai percorrendo as cidades pretas aos tramos do Camiño de Santiago polos que transita Serafín Zubiri xunto con varias persoas invidentes.
Este grupo forma parte das accións programadas por O Camiño dos Satélites para facer accesible o Camiño de Santiago. Para conseguilo empregan a tecnoloxía e ferramentas que axudan a que todo o mundo teña a oportunidade de facer o camiño: GPS, audioguías, grabación dun documental difundido en internet, emprego de blogs para difundir as accións e as guías de axuda aos pelegríns…
Entre os obxectos que puden ver na exposición chamoume a atención un sistema para manexar o ordenador coa vista (experimentei cómo funcionaba) mediante dous emisores de luz infravermella e unha cámara que capta o movemento do ollo e úsao para mover o rato e os parpadeos para facer clic en determinados obxectos. Contáronme que hai persoas que chegan a escribir un libro con este método.
Tamén me resultou de interese o código bidi, un código bidimensional que se pode ler cun móvil con cámara. Utilízano as persoas invidentes para etiquetar obxectos de uso cotiá. O programa de lectura destes códigos é gratuíto.
Outros obxectos que puden ver na exposición son o GPS que usa Serafín Zubiri no camiño, unha mochila con paneis solares coa que poden cargarse móviles e outros aparellos mediante unha conexión USB, obxectos antigos como dúas máquinas de escribir Braille, un contagotas e unha cámara de fotos así como un panel promocionando as accións realizadas pola Fundación Vodafone España en favor das persoas discapacitadas.
Moitas grazas a Celia Romero, secretaria da Fundación Tecnoloxía Social, pola gran cantidade de información que me deu e pola súa disponibilidade e amabilidade.

También te podría gustar...

Descripción general de privacidad

Este sitio web utiliza cookies para que podamos brindarle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones como reconocerlo cuando regresa a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web le resultan más interesantes y útiles.