Monet


Acabo de descubrir a páxina web da exposición Monet organizada por Galeries Nationales en París aínda que esta exposición leva case catro meses aberta e está a punto de rematar.
A páxina é impresionante a pesar da súa lentitude, que convirte o cambio entre dúas seccións nunha tarefa desesperante.

Na galería podemos ver as obras expostas nunha liña do tempo, na que tamén aparecen informacións sobre a vida de Monet. Pulsando nunha das obras vémola máis grande cunha breve descrición. Pulsando outra vez na imaxe danos a opción de vela en alta resolución, ampliando algunha zona para poder ver os seus detalles. A carga destas imaxes de alta resolución é moi lenta.
Hai outras dúas formas de explorar a galería: buscando o título da obra, mediante un listado das pinturas en orde alfabético, ao que se accede pulsando o botón «Todos os cadros» ou cunha clasificación temática que divide a exposición en tres bloques: «Monet e a nación», «Figuras e bodegóns» e «Soños e reflexións».

Na viaxe podemos dar un paseo a través de varios dos cadros mediante unha presentación interactiva. Non engade ningunha información á galería, pero é espectacular e anima a facer un curso de Flash.

No vídeo pódese ver a noticia da expoxición na axencia EFE:

También te podría gustar...

Descripción general de privacidad

Este sitio web utiliza cookies para que podamos brindarle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones como reconocerlo cuando regresa a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web le resultan más interesantes y útiles.