También la lluvia
Onte fun ver a película También la lluvia e aproveito para poñer o trailer e a entrevista feita por TVE á profesora Conchita López e ao alumnado de 6º de educación primaria do colexio Virgen de Belén de Jacarrilla polo traballo desenvolvido en torno a este film (elaboración dun blog colaborativo aberto no mes de outubro, Nueva expedición de Colón, onde profesorado e alumnado amosa a súa particular visión arredor do descubrimento de América e o que representou para o mundo mediante spots en 3D, escritura creativa con fotos da película, microrrelatos, retratos, cómics, videos, presentacións, relatos…).
Neste proxecto participaron 18 cidades españolas e o responsable é un personaxe ficticio «dona Díriga» que enreda pola rede.
Dentro do blog educativo También la lluvia , no que se pode participar como coautor ou coautora ou cos nosos comentarios, aporta artigos relacionados coa temática, enlace a un Caderno pedagóxico que se pode descargar en pdf aportando información sobre o contexto histórico, datos de Cristóbal Colón, Frei Antonio Montesinos e Frei Bartolomé de las Casas, Bolivia e a guerra da auga (resumo da guerra, loita das mulleres). Cada artigo vai acompañado dunha proposta de actividades conexionando os textos e a película.
Nota: Imaxe da web oficial e información das páxinas citadas.