Barxa

O sábado pasei por esta aldea facendo a ruta Froxán – Barxa do Lor organizada polo clube Acivro. Está no concello da Póboa de Brollón.
Non atopei moita información sobre ela. Soamente que no ano 2007 tiña dous habitantes, un home e unha muller.
Supoño que foi unha bonita aldea, cuns espectaculares balcóns enriba do río Lor, que medrou ao carón da ferrería de Barxa, unha das máis importantes que houbo no Courel para traballar o ferro. Ao pechar a ferrería a xente da aldea quedou sen traballo e tivo que emigrar.
Hoxe quedan as casas derruídas, coma no cadro de Urbano Lugrís, Lembrando mellores tempos.
A música da presentación é Lament, de Davy Spillane.

Barxa on PhotoPeach

También te podría gustar...

Descripción general de privacidad

Este sitio web utiliza cookies para que podamos brindarle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones como reconocerlo cuando regresa a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web le resultan más interesantes y útiles.