Libertexto
Estou probando esta extensión do Mozilla Firefox. Permite traballar sobre unha páxina web subliñando textos e facendo anotacións. Cada texto marcado pode completarse con etiquetas, comentarios, unha imaxe, o enderezo dunha páxina web… Cos textos marcados fai un esquema que se pode exportar como mapa mental para editar co Freemind ou como páxina web.
O programa pode descargarse en dúas versións: para páxinas web ou para páxinas web e arquivos PDF.
Está creado por un grupo de profesores universitarios españois dirixidos por Rafael Ibáñez.
Cun pouco de práctica no manexo pode ser unha ferramenta de moita axuda á hora de preparar escritos documentados en páxinas web.
Libertexto_tutorial from Libertexto on Vimeo