Lipdub no IES Fontem Albei
O IES Fontem Albei de A Fonsagrada acaba de publicar no blogue da súa biblioteca Afonsa le e conta o seu primeiro Lipdub . Está elaborado polo Equipo de Dinamización da Biblioteca en colaboración co alumnado e profesorado do centro na que narran unha historia: «Un libro esquecido enriba dun contenedor de lixo, despois de ser atopado por unha persoa, inicia un periplo viaxeiro polas distintas dependencias do centro ata chegar á Biblioteca, o seu sitio natural. De paso repasamos a C.D.U (Clasificación Decimal Universal) asociando imaxes, números e cores, o que se chama formación de usuarios».
¡Parabéns polo bo traballo!
¡Parabéns polo bo traballo!