Patrimonio galego

Entérome en Código cero da formación dun grupo de traballo que ten o obxectivo de inventariar o patrimonio cultural galego, creando a páxina web patrimoniogalego.net onde van recoller datos dos bens culturais galegos: tipo de ben, situación, época, propiedade, estado de conservación, referencias bibliográficas… Poden verse algunhas fichas de exemplo do traballo a realizar, por exemplo ésta do mosteiro de Corenza, na comarca de Noia.
De momento a páxina está en probas, con vistas a comezar despois das Letras Galegas. Parece que vai ter catro apartados:

  • Proxecto e equipo, onde explican as características do proxecto e a forma de colaborar.
  • Que debes saber sobre o patrimonio, queconterá lexislación, enlaces a asociacións de defensa do patrimonio e como denunciar unha agresión.
  • O catálogo social do patrimonio, onde se poden facer buscas por tipo de ben, concello, época e camiño para chegar ao ben.
  • A lista vermella, que non teño claro que vai conter. Supoño que un catálogo dos bens en estado de conservación crítico.

Desde a páxina pídennos a colaboración para participar no proxecto. Sobre todo necesitan catalogadores cos que podan cubrir todas as comarcas de Galicia. De momento non teñen aberto o formulario para apuntarse así que este més haberá que seguir as noticias do proxecto na súa páxina de Facebook.
Desexámoslles que pronto teñan o catálogo cheo de lugares.

También te podría gustar...

Descripción general de privacidad

Este sitio web utiliza cookies para que podamos brindarle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones como reconocerlo cuando regresa a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web le resultan más interesantes y útiles.