Easy Notecards
Easy Notecards permítenos crear e compartir fichas de estudo. O manexo é moi sinxelo. Unha vez creada a conta pulsamos no botón «create notecards» e xa podemos cubrir un formulario dividido en dúas zonas:
- Unha cabezeira onde poñemos o título e descrición do conxunto de fichas e, se imos resumir un libro, tamén podemos poñer o ISBN e o capítulo. Tamén se pode especificar o nivel educativo ao que están destinadas as fichas.
- Para cada ficha cúbrense dúas casillas. Na esquerda escríbese o título e na dereita o resume dos datos. No título tamén se pode poñer unha imaxe.
Fixen estas fichas para resumir os servizos de almacenamento de arquivos que ofrece a web 2.0. Boto de menos a existencia dun gadget que permita colocar as fichas no blog e a posibilidade de poñer vínculos. Tamén me gustaría compartir a edición das fichas.
O programa da a posibilidade de crear un test partindo das fichas. só hai que pulsar no botón «take quiz» cando estamos vendo as fichas. Como exemplo podedes ver o dos presidentes de Estados Unidos (que poquiños acerto).