Actividades programadas para o curso 2012-2013
A piques de que comecedes as vacacións e desexándovos un feliz verán aproveito para sinalar algunhas das actividades que dende a asesoría Lingüístico social do CFR de Lugo se van ofertar para o curso 2012-2013 e nas que xa vos podedes inscribir:
- L1201016 – O cine e o ensino da Historia (actividade a desenvolver no primeiro trimestre e dirixida a educación primaria e secundaria)
- L1201015 – Didáctica do patrimonio e traballo por proxectos (actividade mixta a desenvolver no segundo trimestre)
- L1201018 – Lectoescritura na era dixital (primeiro trimestre, educación primaria, secundaria e bacharelato)
- L1201017 – Lingua 2.0. Ensinar en rede (segundo trimestre)
A inscrición farase entrando na aplicación fprofe.
Actualización 28/06/2012: Tamén podedes acceder ao Plan anual de formación do profesorado