A cidade na arte

Imaxe da cabeceira do blog  La ciudad en  el Arte
Cabeceira do blog

Grazas a Diego Sobrino que acaba de enviarme un e-mail recibido de Josué Llull onde solicita a difusión entre todos os membros de CLIO EN RED e agora difúndoo entre todo o profesorado lector deste blog o traballo chamado «La Ciudad en el Arte.»  Este proxecto é desenvolvido polo alumnado e o profesorado de Maxisterio da Escola Universitaria Cardenal Cisneros de Alcalá baixo a dirección do Dr. Josué Llull Peñalba, profesor titular da área de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia e de D. Isaac Pinto Gismero, xefe de proxectos informáticos da Escola Universitaria Cardenal Cisneros.
O obxetivo do traballo é o estudo da cidade e o fenómeno urbano dende unha perspectiva multidisciplinar.
 Contén imaxes histórico-artísticas (pinturas, debuxos, grabados, fotos antigas, etc), textos explicativos, enlaces a páginas web de interese bibliografía e aplicacións de Google maps dedicadas a máis de 100 cidades de todo o mundo. De España temos: Alcalá de Henares, Alicante, Barcelona, Bilbao, Burgos, Cádiz, Madrid (11), Salamanca, Santander, Segovia, Toledo (4), Valencia, Vitoria e Zaragoza.
 Sinalan que o proxecto está en desenvolvemento, pero agradecen a súa difusión e tamén comentarios e suxerencias de mellora.
Dende aquí os meus parabéns.
Podedes acceder dende o seguinte enlace: «A Cidade na Arte«

También te podría gustar...

Descripción general de privacidad

Este sitio web utiliza cookies para que podamos brindarle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones como reconocerlo cuando regresa a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web le resultan más interesantes y útiles.