De Valdoviño a Pantín

Coa idea de percorrer as fermosas zonas que temos en Galicia e así aproveitar para facer algo de exercicio, onte fixen unha ruta dende a praia de A Frouxeira en Valdoviño ata a praia de A Roda en Pantín.
Aínda que nos avisaran de que  non se pasaría emprendemos a ruta. Bordeamos a zona costeira adentrándonos na medida do posible xa que os toxos invaden ás veces o pequeno sendeiro ao comezar o percorrido. Salvando obstáculos chegamos ao pobo de Pantín e logo baixamos a praia de A Roda para voltar pola estrada que bordea a costa.
As vistas e os recunchos son fermosos e tamén os acantilados son impresionantes. O paseo foi agradable e nos vindeiros días seguiremos bordeando as nosas costas.
Agora deixo algunhas das imaxes que saquei.

También te podría gustar...

Descripción general de privacidad

Este sitio web utiliza cookies para que podamos brindarle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones como reconocerlo cuando regresa a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web le resultan más interesantes y útiles.