Curso: O cine e o ensino da Historia
Creative Commons Attribution-NonCommercial-ShareAlike 3.0 Unported (CC BY-NC-SA 3. 0)
Cartel elaborado con fotografía propia, imaxes procedentes do banco de imaxes do INTEF (director de Alberto Arribas Merino, espiral de revelado de Javier Trabadela Robles , sala de cine de Miguel Martinez Monasterio e logo da web do CFR de Lugo
|
O 29 de outubro comeza esta actividade e que se prolongará ata o 29 de novembro.
As expectativas son boas e agardando o comezo sinalo o profesorado relator e contidos en xeral:
- ENRIQUE Martínez-Salanova Sánchez: (Almería), pedagógo, antropólogo, tecnólogo da educación, escritor, educomunicador e debuxante, autor entre outras cousas da web Cine y educación
- Cine e educación social. Unha didáctica para a educación integral a través do cine
- Alba Ambròs Pallarès: (Universidade de Barcelona), mestra, filóloga, doutora en ciencias da Educación, especialista na didáctica do cine e na formación do profesorado, investigadora e autora de numerosas publicacións, coautora con Ramón Breu entre outros libros de Cine y educación. Ed. Graó, leer.es…
- Historia, cine e competencias básicas. Un encadre perfecto
- Análise, valoración e deseño de propostas didácticas competenciais sobre cine e historia
- Manuel González Álvarez: profesor no IES concepción Arenal de Ferrol, autor da canle Cliphistoria
- Cliphistoria. Recursos audiovisuais para o ensino da Historia
- Felipe Rodríguez Cortés: orientador no IES Concha Méndez Cuesta de Torremolinos (Málaga), fundador e membro activo da Tribu 2.0
- Tribu 2.0. Unha viaxe á emoción 2.0
- Sabela Figueira Tenreiro e Rubén Pol Valiño: docentes no IES Fermín Bouza Brey de Vilagarcía e no CPI Doutor Daniel Monje de Navia de Suarna
- Aprender creando. Os recursos audiovisuais aplicados ao ámbito educativo no IES Plurilingüe Fontem Albei
- Aproximación á creación audiovisual. Obradoiro de iniciación
- Miguel Ángel Carbajal Porto: profesor no IES Manuel García Barros de A Estrada
- Taller de creación artística do MGB
- Iniciación nas técnicas de stop motion para a elaboración dunha curtametraxe
- Paula Rábade Otero: licenciada en Publicidade e RR.PP (Universidade de Valladolid), Técnica en Imaxe Dixital, Técnica Superior en Realización e Dirección de Espectáculos e Audiovisuais, experta nas TIC
- Taller de edición de vídeo