Curso: O cine e o ensino da Historia

Creative Commons Attribution-NonCommercial-ShareAlike 3.0 Unported (CC BY-NC-SA 3. 0)

Cartel elaborado con fotografía propia, imaxes procedentes do banco de imaxes do INTEF (director de Alberto Arribas Merino, espiral de revelado de Javier Trabadela Robles , sala de cine de Miguel Martinez Monasterio e logo da web do CFR de Lugo

O 29 de outubro comeza esta actividade e que se prolongará ata o 29 de novembro.
As expectativas son boas e agardando o comezo sinalo o profesorado relator e contidos en xeral:

  • ENRIQUE Martínez-Salanova Sánchez:  (Almería),
    pedagógo, antropólogo, tecnólogo da educación, escritor, educomunicador e
    debuxante, autor entre outras cousas da web Cine y educación

    •  Cine e educación social. Unha didáctica para a educación integral a través do cine
  • Alba Ambròs Pallarès: (Universidade de Barcelona),
    mestra, filóloga, doutora en ciencias da Educación, especialista na
    didáctica do cine e na formación do profesorado, investigadora e autora
    de numerosas publicacións, coautora  con Ramón Breu entre outros libros
    de Cine y educación. Ed. Graó, leer.es

    • Historia, cine e competencias básicas. Un encadre perfecto
    • Análise, valoración e deseño de propostas didácticas competenciais sobre cine e historia
  • Manuel  González Álvarez: profesor no IES concepción Arenal de Ferrol, autor da canle Cliphistoria
    • Cliphistoria. Recursos audiovisuais para o ensino da Historia
  • Felipe Rodríguez Cortés: orientador no IES Concha Méndez Cuesta de Torremolinos (Málaga),  fundador e membro activo da Tribu 2.0
    • Tribu 2.0. Unha viaxe á emoción 2.0 
  • Sabela Figueira Tenreiro e Rubén Pol Valiño: docentes no IES Fermín Bouza Brey de Vilagarcía e no CPI Doutor Daniel  Monje de Navia de Suarna
    • Aprender creando. Os recursos audiovisuais aplicados ao ámbito educativo no IES Plurilingüe Fontem Albei 
    • Aproximación á creación audiovisual. Obradoiro de iniciación
  • Miguel Ángel Carbajal Porto: profesor no IES Manuel García Barros de A Estrada
    •  Taller de creación artística do MGB
    •  Iniciación nas técnicas de stop motion para a elaboración dunha curtametraxe 
  • Paula Rábade Otero: licenciada en Publicidade e
    RR.PP (Universidade de Valladolid), Técnica en Imaxe Dixital, Técnica
    Superior en Realización e Dirección de Espectáculos e Audiovisuais,
    experta nas TIC

    • Taller de edición de vídeo

También te podría gustar...

Descripción general de privacidad

Este sitio web utiliza cookies para que podamos brindarle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones como reconocerlo cuando regresa a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web le resultan más interesantes y útiles.