Curso: Lingua 2.0. Ensinar en rede

Outra das actividades que temos previsto desenvolver ao longo do primeiro trimestre do ano 2013 no CFR de Lugo  dende a asesoría Lingüístico e social é o curso: L1201017 – Lingua 2.0. Ensinar en rede.

Cartel curso Lingua 2.0. Ensinar en rede
Cartel elaborado con imaxes propias//CC BY-NC-SA
Estes son os obxectivos e contidos que abordaremos e tentaremos  acadar.
Obxectivos
1.Coñecer as posibilidades que ofrece a web 2.0. no ensino da lingua e literatura.
2.Amosar os recursos que presenta a rede como plataforma de xestión dunha aula de lingua.
3.Deseñar propostas e actividades de aula utilizando algunha das ferramentas presentadas.
Contidos
1. As redes sociais como plataformas de traballo colaborativo online.
2. A xestión dunha aula a través dunha comunidade de aprendizaxe en liña: experiencias educativas con moodle.
3. A lectura e a escritura en rede.
4. 4. Posibilidades educativas das ferramentas da web 2.0. : blogs, wikis, podcast, presentacións en liña, marcadores sociais…
5. 5. Plataformas ou contorno para a creación de materiais educativos: Edilim, Ardora, Jclic… 
A duración é de 30 h e se algunha persoa está interesada aínda está dentro do prazo para facer a inscrición ata o 14 de decembro de 2012.

También te podría gustar...

Descripción general de privacidad

Este sitio web utiliza cookies para que podamos brindarle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones como reconocerlo cuando regresa a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web le resultan más interesantes y útiles.