Cartel elaborado con imaxes propias, mans de: http://mrg.bz/PNHw50//licenza libre Morguefile//CC BY-NC-SA
Falta pouco para rematar esta nova actividade mixta que se está desenvolvendo no CFR de Lugo e que consta dunha fase presencial de 30 h e outra fase non presencial de 20 h.
Durante a fase presencial acompañáronnos excelente profesorado relator que nos deixou a súa pegada co seu bo facer e as súas experiencias prácticas ao longo de 10 interesantes sesións.
- Xa levamos camiño andado e recordamos o 7 de febreiro no que nos acompañou Dna. María Carmen Loureiro, profesora no IES da Illa de Arousa, acercándonos cunha emocionante exposición á ABP.
- Dn. Ramón Noche Fraga, profesor no IES Xograr Afonso Gómez de Sarria, amosounos á importancia das TIC dentro da ABP, o uso de ferramentas colaborativas e autoría e licenzas, entre outras cousas. É autor de wikis e do blog alifBai.
- Dn. Josué LLull Peñalba, profesor na Escola Universitaria Cardenal Cisneros de Alcalá de Henares, explicou o proxecto levado á cabo: La ciudad en el arte.
- Outra interesante experiencia foi presentada por Dn. José Luís Guede Losada, profesor no CPR San José de Ourense, na que poidemos acercarnos a súa experiencia e traballo e entre outras cousas o emprego da realidade aumentada e códigos QR no traballo co seu alumnado. Podemos seguir o seu andar no seu Civitas Auriensis.
- Dn. Francisco Martín Castillo Rodríguez, director do Departamento Técnico de Estudos da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, acercounos nocións de paisaxe, integración paisaxística, convenios Europeos e a protección da paisaxe como patrimonio natural.
- Dn Manuel González Álvarez, profesor no IES Concepción Arenal, e autor de Cliphistoria unha vez maís sorprendeunos coas magníficas experiencias do alumnado e o seu bo facer.
- Co mesmo interese desenvolveronse as 3 últimas sesións estiveron a cargo de Dn. Antonio Reigosa Carreiras, Responsable de Comunicación e Xestión Cultural da Rede Museística de Lugo, abordando na primeira sesión a temática do patrimonio inmaterial.
- Na segunda sesión, ao longo dun itinerario pola cidade, analizouse o xurdir da cidade «como froito dun longo percorrido, un mostrario de pegadas e o resultado dun proxecto colectivo» a través da canalización da auga e a función das distintas fontes do percorrido. Foi un interesante percorrido nunha tarde fría, ventosa e chuviosa.
- No último día da fase presencial, visitamos o Centro de Interpretación do Camiño, a Casa dos Mosaicos, o Centro de Interpretación da Muralla e o Museo Provincial.
Na aula virtual do CFR de Lugo creouse un curso co material de todo este profesorado e ademais engadíuse abundante material complementario para consultar. A través desta plataforma poden enviar as tarefas, participar nos foros e comunicarse co chat.
Nestes momentos estase a desenvolver a fase non presencial que consta no deseño, posta en práctica e valoración dun proxecto. Esta fase non presencial está titorizada por Dna. Anna María Sorolla Lerma e por Dn. José Luís Guede Losada.
O profesorado está traballando con amosado interese na aula e polas tarefas enviadas abordan curiosas preguntas, retos e tarefas como a tradición oral, formas das arquitecturas relixiosas, a vida dos romanos, o cole e o entorno, a migración galega no século pasado, diferencia entre as feiras e os oficios de antes e agora, moceando polo tempo, Chantada noticias, o antroido ribeiriano, paseo polo Lugo romano en latín clásico e actual, guía turística de Castroverde, o cole como obra de arte e a gastronomía dos nosos avós.
Parabéns a todo o profesorado e ánimo no voso traballo!
|