Curso: Didáctica do patrimonio e traballo por proxectos

Imaxe de Marta Arias López//CC BY-SA

O curso Didáctica do patrimonio e traballo por proxectos é unha das actividades que dende a asesoría Lingüística e social vaise ofertar para desenvolver a fase teórica no primeiro trimestre dentro do Plan anual de formación do profesorado 2013/2014.Ésta é unha actividade que se desenvolveu neste curso pasado e que se decidíu repetir dada o éxito acadado (interese amosado, alta implicación,  valoración  e satisfacción por parte do profesorado asistente).

O curso computa 50 horas de formación e 30
serán presenciais e as 20 restantes non presenciais ( en rede
titorizadas por unha persoa experta na didáctica por proxectos) onde se
elaborará, aplicará e avaliará un pequeno proxecto que poderá desenvolverse de forma colaborativa.

As sesións presenciais abordarán contidos como o traballo por
proxectos,  o patrimonio cultural, paisaxístico, artístico e natural da
nosa contorna. Teremos en conta as contornas de aprendizaxe
colaborativa e recursos multimedia como o uso das tecnoloxías móbiles e
dixitais. Tamén se desenvolverán saídas didácticas para visitar a cidade e algunhos museos.


O proxecto a desenvolver dentro da fase non presencial poderá ser elaborado de forma colaborativa polo profesorado que perteza a un mesmo centro.

Dentro dos criterios de selección en primeiro lugar daráselle
preferencia ao profesorado do ámbito lingüístico e social, ao
profesorado dun mesmo centro e criterios xerais do plan de formación.


Referencia: L1301016
Centro de formación e recursos: Lugo
Temporalización

1º trimestre, Curso académico
2013/2014

Data límite de inscrición: 20/09/2013
Lugar: Lugo
Prazas

20 

Obxectivos:
  1. Capacitar ao profesorado para planificar e
    desenvolver actividades de aula nas que se empregue o traballo por
    proxectos e propostas metodolóxicas colaborativas.

  2. Empregar os recursos educativos da contorna próxima.
  3. Analizar, integrar, crear e valorar materiais TIC no ensino-aprendizaxe do patrimonio.
Contidos:
  1. Traballo por proxectos no ámbito social.
    Proceso e instrumentos de planificación. Deseño de proxectos para a
    aula. Experimentación e avaliación.

  2. Didáctica do patrimonio e contornas de
    aprendizaxe colaborativa, locais e en rede. As TIC como instrumento de
    traballo na aula aplicado ao traballo por proxectos (portfolios
    dixitais, aulas virtuais, blogues, wikis, etc.).
  3. Recursos multimedia no tratamento de contidos sociais. O emprego de tecnoloxías móbiles e dixitais.
  4. Presentación de diferentes modelos e
    experiencias prácticas da didáctica do patrimonio segundo a metodoloxía
    por proxectos.
  5. Establecer criterios para elaborar un plan de
    experimentación e avaliación dunha proposta de actividade de aula en
    relación co traballo por proxectos. 

También te podría gustar...

Descripción general de privacidad

Este sitio web utiliza cookies para que podamos brindarle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones como reconocerlo cuando regresa a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web le resultan más interesantes y útiles.