Curso Didáctica do patrimonio e traballo por proxectos

Cartel didáctica do patrimonio e traballo por proxectos
Imaxe de Marta Arias López//CC BY-SA
O curso Didáctica do patrimonio e traballo por proxectos é unha das actividades que dende a asesoría Lingüística e social vaise ofertar para desenvolver no CFR de Lugo dentro do Plan anual de formación do profesorado 2013/2014.
Ésta é unha actividade que se desenvolveu neste curso pasado con profesorado de clásicas, idiomas, educación primaria e educación secundaria, sociais, etc. e que se decidiu repetir dada o éxito acadado na valoración da  (interese amosado, alta implicación, avaliación  e satisfacción por parte do profesorado asistente).
O curso computa 50 horas de formación e 30 serán presenciais e as 20 restantes non presenciais ( en rede titorizadas por unha persoa experta no enfoque por proxectos e o ensino do patrimonio para a solución das posibles dúbidas) onde se elaborará, aplicará e avaliará un pequeno proxecto que poderá desenvolverse de forma colaborativa.
Hai que subliñar que o ensino do patrimonio (cultural, natural, artístico, oral….) é interesante e aplicable para o profesorado de todas as áreas e materias. Tamén se abordarán aspectos das tecnoloxías móbiles e dixitais e o emprego de ferramentas colaborativas. Completaranse as sesións informativas con visitas guiadas pola cidade e  visitas tamén didácticas a varios centros museísticos.
Profesorado relator:
  • D.  Fernando Trujillo Sáez ( profesor na Universidade de Granada). Acceso ás súas webs
  • D. Ramón Noche Fraga (profesor no IES Xograr  Afonso Gómez Sarria e autor do blog Alifbai)
  • D. Manuel González Álvare (profesor no IES Concepción Arenal de Ferrol e autor de Cliphistoria)
  • D. José Luís Guede Losada (profesor no CPR San José de Ourense, autor de Civitas Auriensis)
  • D. Antonio Reigosa Carreiras (Responsable de Comunicación e Xestión Cultural da Rede Museística da Deputación de Lugo e autor da web Galicia Encantada)
  • D. Josué LLul Peñalba (profesor de Ciencias Sociais, xeografía e historia, director do Departamento de Didácticas Específicas na Escola Universitaria Cardenal Cisneros de Alcalá de Henares, autor de La ciudad en el arte)
En breve deseñarase o programa e comezarase o proceso de selección polo que cómpre confirmar ou renunciar o máis rápido posible.

También te podría gustar...

Descripción general de privacidad

Este sitio web utiliza cookies para que podamos brindarle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones como reconocerlo cuando regresa a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web le resultan más interesantes y útiles.