Curso: Ler e escribir, escribir para ler
Imaxe de Marta Arias Licenza//CC BY-SA
Dende o 16 de outubro estase desenvolvendo no CFR de Lugo o curso Ler e escribir, escribir para ler.
Dita actividade consta de 25 h presenciais e 5 non presenciais onde o profesorado asistente levará á á práctica na aula algún recurso ou contido do desenvolvido no curso.
Obxectivos:
- Revisar
as investigacións pedagóxicas actuais sobre a adquisición e mellora da
competencia comunicativa na escrita de acordo co establecido na LOE. - Coñecer
propostas e experiencias didácticas de ensino-aprendizaxe da lingua
escrita: a mellora da competencia lectora e da expresión escrita. - Analizar diferentes enfoques da animación e mellora da lectura e da composición de textos.
Contidos:
- Competencia
comunicativa na expresión escrita. Modelos teóricos sobre os procesos
de lecto-escritura. A lectura eficaz, a lectura comprensiva, a
competencia lectora e o desenvolvemento da competencia na produción de
textos. - Os
textos. Claves para a selección de textos axeitados para o traballo na
aula e as recomendacións de lectura Obradoiro
de escrita: fundamentos, técnicas de xeración de ideas, aspectos
prácticos (parágrafo, frase, palabra, textura, puntuación, impresión,
revisión) e outros condimentos. - Á escritura pola literatura.
- Ler
e escribir nas novas tecnoloxías (televisión, revistas, cómics,
webs,blogs, chat, teléfonos móbiles: novos soportes para os procesos da
lectura e a escrita; implicacións didácticas). Boas prácticas na rede.
Licenzas ABP.
O profesorado relator co que contamos é o seguinte:
Ramón
Noche Fraga que abordou ao longo de dúas sesións conceptos claves como o
uso de boas prácticas na rede, licenzas, ferramentas para a creación de
actividades (padle, wordle, ferramentas de Google e o uso da aula
virtual Moodle).
O
martes 22 de outubro contamos coa presenza de Carlos Negro Romero que
baixo o título da súa docencia A escritura pola literatura. Poemas
transformers a totalidade do profesorado asistente creou e sentíose
poeta.
Miguel Ángel Curiel presentará diversas estratexias de animación á lectura cun taller de creación poética.

O 6 e o 14 de novembro Xosé Antón Núñez Álvarez abordará a temática interacción lectoescritura na aula.
Fernando Trujillo Sáez dentro do seu relatorio: Ver, ler e escribir. O traballo por proxectos para o desenvolvemento das competencias básicas abordará contidos como:
- Cambios na aprendizaxe nos albores do século XXI: da Xeración Gutenberg á Xeración Disney
- A aprendizaxe baseada en proxectos: sentido, valor e estratexias
- Un exemplo de organización de centros para a aprendizaxe baseada en proxectos: A Semana dos Proxectos.
E para rematar o día 21 de novembro estará connosco Francisco José da Silva Irago (Kiko da Silva) para traballar o cómic.