Curso Aprender a pensar a través do diálogo
Desde o día 13 de marzo ata o día 18 de abril estase a celebrar, dentro das actividades programadas dentro do Plan de formación, no CFR de Lugo a actividade «Aprender a pensar a través do diálogo».
- Comunicador/a en linguas maternas e estranxeiras – Destrezas comunicativas verbais e non verbal: técnicas e estratexias para o desenvolvemento e mantemento.
- Educador/a guía no proceso ensino-aprendizaxe – Orientación pedagóxica e atención á diversidade.
- Integrar ferramentas e metodoloxías comunicativas que fomentan estratexias para desenvolver as habilidades de pensamento en ambientes culturais variados.
- Xerar oportunidades para favorecer nas aulas a aprendizaxe dialóxica, fomentando a creatividade, a tolerancia e o espírito crítico.
- Valorar a dimensión emocional dos procesos de aprendizaxe e ensino.
- Xogar a pensar. Percibir, sentir e pensar para aprender.
- As habilidades de pensamento. Estratexias para o seu desenvolvemento.
- O diálogo como ferramenta de aprendizaxe. Aprendizaxe dialóxica.
- Saber, saber facer, saber ser. As competencias clave.
- A dimensión emocional da aprendizaxe.
- María Carmen Loureiro López
- María Angélica Lucas Sátiro
- Francisco Javier Rouco Ferreiro
- Mª Teresa Iglesias Polo