Art Project

A páxina de Google sorprendeume hoxe co anuncio «Explora museos de todo o mundo. Descubre o Art Project coa tecnoloxía de Google«. Así que lanceime a exploralo e non dou parado.
Pódese pasear polas salas de 17 museos, entre eles o Thyssen-Bornemisza e o Reina Sofía usando os controis de movemento e o zoom do Google Earth. Pulsando no signo + que aparece ao lado dalgunha das obras ou seleccionado o título no desplegable da parte superior podemos ver o cadro en alta resolución, cun zoom que nos permite fixarnos nos detalles.
Pulsando no botón cunha i que hai na parte superior dereita dános información do cadro, o autor, enlaces a vídeos relacionados, outra obras, etc.
O botón Visitor guide lévanos a un vídeo que amosa o funcionamento da páxina e unha lista das preguntas máis correntes.
Agora vou seguir visitando o Palacio de Versalles. Déixovos cunhas preguntas: de que cadro é esta imaxe? en que museo está?

También te podría gustar...

Descripción general de privacidad

Este sitio web utiliza cookies para que podamos brindarle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones como reconocerlo cuando regresa a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web le resultan más interesantes y útiles.